Garantía Xuvenil

Servizo medioambiental nos talleres de reparación de vehículos

A “Secretaría Xeral de Emprego” da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA, outorgou unha subvención a ATRA por importe de 34.468,84 € para a contratación de dous Técnicos Medioambientais para que desenrolen un proxecto denominado “Servizo medioambiental nos talleres de reparación de vehículos”.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89 % polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do “Programa Operativo de Emprego Xuvenil”, e está destinada a sufragar os custos salariais e da cotización empresarial da seguridade social derivada de dito salario.

Os beneficiarios son mozos desempregados inscritos no “Sistema Nacional de Garantía Xuvenil”, e o servizo a realizar ten un marcado interese xeral e social dado que se levarán actuacións no ámbito medioambiental dos que están implicados o noso sector de reparación de vehículos, dando así resposta as melloras medioambientais que temos desenrolado nos últimos anos.

O orixe de esta problemática da xestión dos residuos xerados polos vehículos particulares e das empresas, son consecuencia da necesidade social que temos de mobilidade, cuestión moi importante na nosa Comunidade Autónoma habida conta da dispersión da poboación e problemática da orografía galega dende o punto de vista do desprazamento social e de mercadorías.

As actuacións principais que se realizarán son a de recabar información e documentación sobre o cumprimento das obrigas administrativas medioambientais nos Talleres de Reparación de Vehículos, con especial incidencia no “Rexistro de Pequeno Productor de Residuos de Galicia”, o “Informe Preliminar de Situación de Solos”, “Autodiagnóstico Ambiental”, “Autorización de vertidos”, etc.

Tamén haberá un traballo de asesoramento para a correcta xestión dos residuos, tanto perigosos coma non perigosos, e paralelamente os Técnicos Medioambientais contratados farán unha labor de xestión documental, especialmente na necesidade actual de ter dixitalizada a documentación en prol dun menor gasto de papel que redundará de maneira beneficiosa tamén nesta materia medioambiental.

Por último sinalar a posibilidade que lles da ós mozos contratados de iniciarse no mercado laboral en funcións relacionadas có seu perfil profesional, e poder así obter unha experiencia laboral que lles permita no futuro optar a novas incorporacións no seu ámbito profesional.

Garantía Xuvenil
C/ Príncipe 22 5º - 36202 - Vigo - Tlf: 986 224 702 - Fax: 986 224 832 - web@atra.gal - Contacto - Nota Legal